13 comparsas no desfile de entroido de Baiona

Imprimir
Concello de Baiona

O Concello de Baiona, organiza o Desfile de Comparsas con motivo do Entroido 2013, este martes a partir das 17 h.

A comitiva sairá dende Santa Marta e percorrerá as principais rúas de Baiona en dirección ao Paseo Ribeira, donde terá lugar a entrega de premios. 13 comparsas amenizarán o entroido para participar no concurso de organizado polo concello.

Os premios

 

As 13 comparsas competirán por un primer premio de 900€, un segundo de 650€ e un tercerio de 500€

O concello dará tamén premios económicos ás comparsas participantes de 81 a 100 compoñentes con 500€,  de 61 a 80 compoñentes 400 €;  de 41 a 60 compoñentes 300 €; de 21 a 40 compoñentes 200 € e de 12 a 20 compoñentes 100€.

Enterro da sardiña

Mañá mércores, terá lugar o tradicional "Enterro da Sardiña." A comitiva do enterro sairá ás 19 h. dende a Praza do Concello ata o paseo da Ribeira.