Encaixamos Val Miñor celebra o seu primeiro Magosto na tardiña do sábado en Sabarís.

Imprimir
19052 evento_0

Música en vivo e unha demostración de radioafeccionados animarán o primeiro magosto popular que celebrará Encaixamos Val Miñor este sábado 3 de novembro a partir das 17 horas na zona da Praza de Abastos de Sabarís. A celebración rematará cunha tradicional Queimada, a que poderán degustar de balde os asistentes.

 

Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor), contará coa colaboración de cantautores e grupos musicais que ofrecerán a súa arte de xeito gratuíto para colaborar coa entidade. Tamén ECO ALFA, grupo de radioafeccionados, presentará unhas instalacións onde o público poderá asistir e participar dunha demostración das técnicas de traballo do colectivo.

Encaixamos, defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental e de carácter voluntario. O colectivo traballa pola plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.