Turismo de Nigrán organiza un sendeiro polo litoral entre A Ramallosa e Monteferro

Imprimir

Este martes 21 de agosto a concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán realizará unha nova ruta polos sendeiros do municipio. Nesta ocasión, os inscritos coñecerán o Sendeiro do Litoral, que descorre entre A Ramallosa e Monteferro. O punto de encontro será ás 18.00 horas na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón.