As Angustias están de festa

Imprimir
as-angustias

Un ano más, a Comisión de Festas de As Angustias propón un atractivo programa para os vindeiros días 17,18, 19 e 20 de agosto. As festas comezarán o venres ás18.00 horas, coa misa solemne con sermón en honra á Nosa Señora de Luján, patroa de Arxentina, e coa actuación da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ás 20.00 horas terá lugar a gran tirada de fogos, con xigantes, cabezudos e a treboada de Baixo Miño. Pola noite, verbena amenizada polas orquestras Chicago e Ceniza.

 

O sábado 18 a xornada comezará ás 10.00 horas, coa misa rezada, e as 12.00 horas coa misa solemne con sermón e procesión en honor a San Campio. A continuación terá lugar a actuación da Coral Stella de Panxón. Ás 21.00 horas celebrarase a misa vespertina en honra a Nosa Señora das Angustias, que rematará coa Banda Escola de Música A.V.C.C. de Candeán. Pola noite actuarán as orquestras Nova Palma e Cinema.

O domingo adícase á Nosa Señora das Angustias, cunha misa rezada en San Félix ás 10.00 horas e outra na igrexe de As Angustias a continuación, ás 11.00 horas. Ás 12.00 horas terá lugar a misa solemne con sermón e procesión, e rematará coa actuación da Coral Novos Aires de Nigrán e da Banda Unión Musical de Coruxo. As verbenas Grupo Atenas e Orquesta Marbella amenizarán a velada.

As festas rematarán coa programación prevista para o luns 20 de agosto, que contará cunha misa rezada en honra a Nosa Señora Socorro dos Aflixidos ás 10.00 horas, e unha misa solemne con sermón e procesión ás 12.00 horas. Ás 20.00 horas terá lugar unha nova misa, nesta ocasión polos falecidos no ano e pola intención dos emigrantes, e a continuación a actuación da Banda de Música Municipal de Redondela. As orquestras Abanico e Gran Parada pecharán ás festas 2012 de As Angustias.