Peitieiros acolle este sábado o XIX Festival Folclórico Internacional

Imprimir
eco agarimo_peitieiros

O sábado 18 de agosto celébrase na parroquia de Peitieiros (Gondomar) o XIX Festival Folclórico Internacional que contará coa participación de formacións tradicionais procedentes tanto de Portugal como de Galicia.

 

O Festival arranca co tradicional desfile de bandas , que dará paso ás 19:30 horas á actuación do grupo anfitrión Ecos e Agarimos de Peitieiros. A continuación subirá ao escenario o Rancho Etnográfico Amigos do Castelo, de Portugal, e o Grupo folclórico A Merced de Chaín. O cartel péchase coa actuación do Grupo de Acordeóns de Nigrán

A cita, que comeza ás 19 horas, está organizada polo Centro Cultural de Peitieiros e conta coa colaboración do Concello de Gondomar e da Deputación de Pontevedra.