Noite de estrelas e lobos na Serra da Groba.

Imprimir
DSC03876-(Custom)

Continúan as Xeiras 2012 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).

 

A actividade comezará nun vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes, darase "caza ao espírito do lobo", o que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa serra da Groba. Cando pase o susto un membro da Agrupación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- dirixirá unha observación sobre o ceo de verán, no marco da histórica Noite das bágoas de San Lourenzo (Perseidas).

Dado que parte do percorrido será nocturno se recomenda levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).

Detalles da Xeira

• Venres, 10 de agosto de 2012

• Hora: 21,00

• Saída de Chan da Lagoa.

• Guías: Xilberte Manso (IEM) , Gustavo Sanromán (A.A.R.B.)