Sueño de Calíope actúa na Praza da Alameda en Gondomar

Imprimir
sueo de_caliope_web_med

-O grupo fusionará canto, poesía e teatro nun espectáculo que se inscribe dentro da programación de verán deseñada pola Concellería de Cultura

 

A poesía contemporánea e a interpretación musical e vocal son os eixes vertebradores da filosofía de Sueño de Calíope, a banda que actuará este venres 10 de agosto na Praza da Alameda de Gondomar a partir das 22:30 horas. O concerto, que se inscribe dentro da programación cultural do Concello de Gondomar, abre unha fin de semana intensa en canto propostas musicais que contará, entre outros espectáculos destacados, coa actuación da gaiteira Susana Seivane e a presentación do novo traballo dos Irmandiños de Vincios, 'Monte Galiñeiro'.

No concerto deste venres 10 de agosto, Sueño de Calíope interpretará sobre o escenario un repertorio que abarca dende a canción tradicional ata as pezas máis contemporáneas, recreando unha atmosfera rica na interpretación e na expresividade da voz.