Continúa ‘Agosto de Cinema’ no Parque da Coelleira en Gondomar

Imprimir
0150hop

 

A película 'Hop' continúa maña no Parque da Coelleira o ciclo Agosto de Cinema, que está a deixar en Gondomar a proxección dalgunhas das películas para todos os públicos máis destacadas dos últimos anos. O ciclo inscríbese dentro da programación cultural deseñada pola Concellería de Cultura e prolongarase ata o 9 de agosto, día no que a proxección de 'El capitán América' botará o peche.

O ciclo, que deu comezo o pasado 5 de agosto co pase do filme 'Las crónicas de Narnia. La travesía del viajero del Alba' e no que tamén se proxectaron 'Kung Fu Panda 2' e 'Los Pingüinos del Sr. Poper', está a contar cunha gran afluencia de público.

Todas as proxeccións terán lugar ás 22:30 horas no Parque da Coelleira.