Concuros de castelos nas areas de Nigrán

Imprimir
castelos-area

O vindeiro xoves 9 de agosto terá lugar unha competencia de castelos e figuras de area no entorno do Monte Lourido en Nigrán. Entre as 18 ás 20 horas equipos compostos por familiares ou amigos poderán dar renda solta á creatividade, a que será logo premiada por un xurado designado para a ocasión. As inscricións xa están abertas na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar en Panxón. Tamén poderán inscribirse na praia o día da competencia ata dúas horas antes do inicio.

 

Os competidores deberán anotarse nas categorías: familiar, de amigos ata 14 anos ou maiores de 14 ata un total de 9 por equipo. As mellores obras a criterio do xurado recibirán, cada una delas un premio consistente nuna travesía gratis de Paddle Surf de dúas horas para todos os integrantes do grupo –cortesía de Beach Escolas-, un curso de surf intensivo a cargo de Patos Surf, ou comidas y/o cenas para toda a familia nas cafeterías Arco ou Venus, en Nigrán.

O evento está organizado polo Concello de Nigrán.