Humor, maxia e ilusión para os máis cativos promete a actuación do pallaso Roi Macarroni en Praia América.

Imprimir
pallaso alegre

Os cativos que concorren a Praia América terán un obsequio especial na tardiña deste venres 3 de agosto. O pallaso Roi Macarroni ofrecerá un espectáculo no parque infantil situado sobre a popular praia de Nigrán a partir das 20:30 horas. Humor, maxia e ilusión nunha actuación que sen dúbida deleitará aos máis pequenos.