Foliadas, muiñeiras e alalás para outra fin de semana onde a música do país tingue a noite de Gondomar.

Imprimir
Cantares-do-Brion-imaxe-de-Luis-Garcia-Crego

-Venres 3 de agosto: Noitarega , Os Trasnos da Gaita na praza do Concello ás 22:30h.

-Sábado 4 de agosto: Os Terribles de Donas e o Coro Tradicional Cantares do Brión ás 22:30h na Alameda.

O folk e a música tradicional serán os protagonistas da fin de semana cunha nova edición do ciclo de espectáculos do Verán 2012 organizado pola Concellaría de Cultura de Gondomar. O programa iníciase o venres pola noite coa presenza da senlleira Noitarega, ás 22:30h e co peche do grupo Os Trasnos da Gaita na Praza do Concello.

Os Terribles de Donas presentarán o seu novo disco "Pedra Moura".

O Sábado a Praza da Alameda acollerá a partir das 22:30 horas unha nova edición das Noites na Alameda, coa actuación d'Os Terribles de Donas. Segundo o anunciado, a decana das bandas miñoranas fará un percorrido pola música galega interpretando dende muiñeiras e foliadas ata pasodobres, rumbas e polcas. Pezas que forman parte do seu novo traballo "Pedra Moura", que veu a luz en 2012 e que contou coa colaboración do Concello de Gondomar para a súa edición.

Esa mesma noite subirase a ese mesmo espazo Cantares do Brión cos seus 60 coristas ataviados cos coloridos traxes tradicionais que os identifican, e baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro. Ademais das pezas xa coñecidas, o grupo anuncia a presentación de novos traballos que integrarán o seu repertorio para o 2012.

Para ir facendo boca

Xa o domingo 5 de agosto, o Palco da Música da Praza do Concello será escenario dun concerto acústico da banda Los Lentos a partir das 12:30h.