Martes de Entroido en Gondomar: festa infantil e verbena nocturna.

Imprimir
entroido-gondomar

A Praza da Alameda acollerá mañá martes de Entroido unha gran festa infantil, con talleres e animación para todos os nenos. A actividade incluirá un desfile de disfraces dos nenos e nenas que acudan disfrazados. Haberá chocolate con churros de balde para todos os participantes. Será a partires das 16.30 horas.

 

Xa pola noite, a Orquestra Aramio amenizará a verbena nocturna na Praza do Concello. No transcurso da verbena anunciaranse os nomes das comparsas gañadoras do concurso de comparsas celebrada onte. O desfile, un dos máis multitudinarios dos últimos anos, participaron 14 comparsas do concello e da súa área. A verbena dará comezo ás 22.00 horas.