Blues en vivo este venres no Café Clandestino, na Ramallosa.

Imprimir
coll--crow

Blues en vivo este venres na Ramallosa co proxecto do armónica Marcos Coll e mais o guitarrista Peter Crow. O novo proxecto do harmónica Marcos Coll (Os Reis do K.O.), quen esta vez se sobe ao escenario con Peter Crow C (tamén coñecido como Peter Krause), lider do grupo The Weed Whackers (grupo que mestura como poucos blues, jazz e folk negro de preguerra).

Marcos Coll, esta considerado un dos mellores armonicistas de Europa, despois de ser mesmo xurado na competición mundial de armónica máis importante do mundo o World Harmonica Festival de Trossingen... á parte de tocar coa súa banda Los Reyes do KO, por todo o mundo,a traballado con lendas do talle de Buddy Miles (Jimmy Hendrix), Mick Taylor (RollingStones) inculso despois de tocar con Tom Jones... á parte da súa faceta blues, a tocado e gravado diferentes estilos, como Reggue, Funky ou Rock con Sinistro Total... no seu proxecto de Hip Harp, a armonica adquire unha cor poucas veces visto ao ser tocado a traves dun multiefecto, o que fai que sexa un son totalmente innovador realmente sorprendente.

Peter Crow C. é un guitarrista, armonicista e cantante residente en Múnic con corazon e alma afincada na música negra americana comprendida entre os anos 20-40. Arrastra coas súas interpretacións a melancolía desa temperá época do blues urbano cunha soberbia coherencia estilística. Centos de presentacións en vivo por todo o mundo fixérono gozar dunha excelente reputación na escena do blues internacional. As súas actuacións non se centran en meras interpretacións da música tradicional senón que introduce novo material groove cargado de sentimento.

Xuntos presentan un espectáculo divertido e ameno que fará as delicias tanto dos amantes da boa música. Será o próximo venres as 23:30 horas no Café Clandestino, Avenida Portugal Nº 35, A Ramallosa. Custo da entrada 4 euros.