Marcelino Gómez Arias: Unha loita pola República e o agrarísmo entre América, Portugal e Galicia.

Imprimir
Marcelino Gómez Arias (1880-1924), xornalista e revolucionario republicano de dous continentes.

O nome de Marcelino Gómez Arias é practicamente descoñecido para a maioría dos galegos. Sen embargo a súa breve vida deixou pegada nas dúas marxes do Atlántico. A súa historia persoal comeza no occidente asturiano en 1880. Sendo moi novo emigra a Bos Aires onde toma contacto con sectores nacionalistas e revolucionarios das novas repúblicas de Uruguai e Arxentina. Logo da experiencia revolucionaria de 1904 en Uruguai participa na revolta republicana de Galicia en 1905 e na revolución republicana portuguesa de 1910. Cronista de guerra, xornalista de dous continentes, Marcelino Gómez morreu en Crecente en 1924.

O próximo venres 18 de febreiro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas terá lugar a conferencia do economista, empresario e historiador Perfecto Ramos Rodríguez sobre Marcelino Gómez Arias (1880-1924): Unha loita pola República e o agrarísmo entre América, Portugal e Galicia. O conferenciante será presentado por Carlos Méixome, historiador e director do Instituto de Estudos Miñoranos.