Martes, 26 Sep. 2017

Actualizado05:20:45 AM GMT

Estás en Baiona Aberto o prazo para solicitude de subvencións para entidades culturais e deportivas de Baiona.

Aberto o prazo para solicitude de subvencións para entidades culturais e deportivas de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Download this file (Subvencións 2016 Cultura - Deportes.pdf)

O prazo para a presentación da solicitude será dun mes, contado a partir do pasado 21 de xuño, día seguinte á publicación do extracto da convocatoria e segundo se deprende do texto publicado no Boletín da Provincia.

A concesión destas axudas estará suxeita á disponibilidade presupuestaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016, segundo a consignación da aplicación presupuestaria 924-48900 do Orzamento xeral de 2016, polo importe 24.000 euros.

O Diario Oficial da Provincia vén de publicar o extracto da resolución de alcaldía de Baiona de 6 de xuño de 2016 pola que se convocan subvencións para actividades a realizar en 2016 por asociacións culturais ou deportivas.

Segundo o documento a "finalidade desta convocatoria é apoiar ás asociacións, entidades, clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, educativas, sociais e de ocupación do tempo libre, que se impulsen no exercicio 2016"