Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Liceo de Baiona organiza o I Concurso Infantil “Pinta as Cíes”.

O Liceo de Baiona organiza o I Concurso Infantil “Pinta as Cíes”.

Correo-e Imprimir PDF
illas-cies-dende-baiona
Download this file (BASES 1er CONCURSO DE PINTURA INFANTIL AL AIRE LIBRE.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Liceo Marítimo de Baiona organiza o vindeiro domingo 19 de xuño o I Concurso de pintura infantil ao aire libre "Pinta as Cíes". Este será o inicio da escola de Pintura que pretende crear o Liceo, a partir de setembro, baixo a dirección de Claudio Maseiro.

Celebrarase desde as 11.00 da mañá e poderán participar os nenos e nenas de 5 a 14 anos. A temática será sobre "As Illas Cíes" vistas desde o paseo marítimo de Baiona e contorna. A técnica será libre, sobre unha lámina tamaño A4, que será facilitado pola organización.
O mesmo domingo, de 9:30 a 11:00 horasse poderán inscribir os participantes.

O concurso será gratuíto e os participantes "só deberán acudir con gañas de pintar e provistos do material necesario para a realización da obra (base para papel, lapis, ceras, etc.)

A entrega dos premios realizarase no Liceo Marítimo de Baiona (Rúa Laureano Salgado,23) ás 19.30 horas. Establécense dous premios para cada categoría. As obras presentadas ao concurso permanecerán expostas durante a semana posterior ao concurso no salón do Liceo.
Poderán solicitar máis información e as bases do concurso no propio Liceo, no mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono: 608183957