Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Autobuses escolares prestarán servizo de transporte público entre parroquias en Baiona.

Autobuses escolares prestarán servizo de transporte público entre parroquias en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
galisur

Collerán aos posibles pasaxeiros nas paradas xa preestablecidas para o servizo escolar. A un custe de 1€ os usuarios poderán achegarse co autobús escolar ás distintas paradas nos traxectos ao CEIP Covaterreña ou IES 1º de Marzo. A dispoñibilidade de prazas será o límite de usabilidade. A medida foi acordade por unanimidade no pasado pleno de Baiona e orixinada nunha iniciativa da agrupación socialista.


O sistema está inspirado no Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia, TES+BUS, desenvolvido pola Xunta de Galicia durante o bipartito, sinalou o concelleiro Rafael Lores (PSOE) a VM.info. O mesmo permitirá unha liña de transporte nos horarios escolares que achega unha oportunidade de mobilidade da que carecía o concello até de agora.