Luns, 20 Maio. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona licita a recuperación do paseo fluvial de Baredo .

O Concello de Baiona licita a recuperación do paseo fluvial de Baredo .

Correo-e Imprimir PDF
derrube-paseo-baredo

O Concello de Baiona saca a licitación con carácter urxente cara un proxecto de rehabilitación da senda fluvial no río Fraga, na parroquia de Baredo.

O prego marca tres meses como prazo para a súa execución, e 279.050,66 € como prezo base do concurso, impostos incluídos.

O proxecto financiase integramente con cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (POSS 2015), subvencionado pola Deputación Provincial.

A intervención procura rehabilitar este espazo deteriorada polo paso do tempo e o derrube de parte do paseo por mor das tormentas, así como por falla de mantemento segundo denuncias da oposición.

O plan da concellería de Medio Ambiente de Baiona, entre outros fins contempla a colocación de madeiras preventivas e curativas fronte a insectos e hongos xylófagos, incluídas as termitas, segundo o prego.

Procesos de mantemento contra os efectos do sol , auga e outras fontes naturais de desgaste.