Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Membros do GES Val Miñor rescatan unha persoa ferida nas rochas da praia dos Frades. #Baiona

Membros do GES Val Miñor rescatan unha persoa ferida nas rochas da praia dos Frades. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
frades

Unha persoa golpeouse nun costado despois de caer nunha zona rochosa do Paseo Monte de Boi, á altura da praia dos Frades en Baiona.

Ademais das lesións provocadas pola caída, a persoa, que estivo en todo momento consciente, tivo que ser rescatada polos efectivos do GES do Val Miñor.

O ferido se atopaba nun lugar de difícil acceso para os técnicos sanitarios, aseguraron os axentes da Policía Local.

Ás 8:10 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia recibiu a alerta e, de seguido, activou un operativo de rescate no que, ademais dos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, interviron Urxencias Médicas e os Bombeiros do Baixo Miño, que descartaron acudir en canto foi confirmado o rescate do ferido.