Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Oposición presenta iniciativa para eximir ás vivendas protexidas de #Baiona de manter os espazos verdes.

Oposición presenta iniciativa para eximir ás vivendas protexidas de #Baiona de manter os espazos verdes.

Correo-e Imprimir PDF
Escubichas

Sinalan que as vivendas de protección autonómica como As Escubichas (Sabarís) entregáronse sen o compromiso de existencia da obriga de constitución dunha xunta de conservación. Obriga que a normativa vixente carga aos promotores unha vez construída unha urbanización para o mantemento de espazos verdes públicos adscritos a esas construcións. Nese senso, os voceiros do PSOE, BNG e EU de Baiona asinaron un documento conxunto no que expresan que o caso “As Escubichas”, representa “un grave prexuízo económico precisamente ás familias que máis dificultades está a padecer nesta crise sistémica”.

Afirman que a obriga urbanística de manter zonas verdes públicas “é totalmente inxusta e aplicada erradamente no Concello de Baiona”. Explican que “esta obriga a contraen os promotores do desenrolo urbanístico en nome dos futuros propietarios das vivendas desenroladas”. Ademais, prodúcese unha desigualdade evidente, xa que uns veciños e veciñas soportan máis obrigas que outros, cando están a pagar os mesmos impostos.

Por isto, PSOE, BNG e EU presentarán unha moción conxunta no vindeiro Pleno Municipal, co fin de que o Concello de Baiona non acorde a constitución de entidades de conservación e facilite unha solución que non grave a economía das familias con maiores dificultades.