O voceiro de EU-SON, Silvano Montes Sánchez, sinala que durante a pasada campaña electoral, con motivo da visita que realizou a Baiona a Coordinadora Nacional Yolanda Díaz, adquiriu un compromiso cos veciños das vivendas sociais As Escubichas.
Froito deste compromiso, o pasado 9 de Xullo presentouse ante a Mesa do Parlamento Galego por parte de Yolanda Díaz unha pregunta relativa á posibilidade de segregar a comunidade de vivendas sociais do resto.
Engade que en concordancia con esta actuación, esta mesma mañá procedeuse a presentar no rexistro do Concello a seguinte pregunta:
Contempla o Sr. Alcalde facer as xestións oportunas ante o IGVS para conquerir que a comunidade veciñal de As Escubichas sexa segregada do devandito Plan Parcial?
O concelleiro Silvano Montes sinala que esperan que "estas actuacións, xunto coas que están realizando outros grupos políticos, dean os froitos apetecidos e logren os veciños afectados alcanzar os seus obxectivos".