Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de #Baiona retira o argazo dos areais da Ladeira

O Concello de #Baiona retira o argazo dos areais da Ladeira

Correo-e Imprimir PDF
praia ladeira

O Concello de Baiona informa que está retirando as algas que se atopan na beira da Praia Ladeira. Sinalan que desde a Concellaría de Medio Ambiente, véñense realizando puntualmente ao longo do verán varias limpezas do argazo xa que este ano hai máis algas do habitual debido ao aumento da temperatura do auga.

O responsable do área Anxo Rodal manifestou que a operación estase realizando con máquinas "específicas e cunha gran sensibilidade para non danar o medioambiente. As algas son retiradas cando xa depositaron as súas nutrientes. As plantas acuáticas serven para rexenerar o ecosistema do litoral porque aportan materia orgánica e nutrientes ás comunidades vegetales das profundidades mariñas e serven de alimento para peces, insectos e aves".