Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A humanización de Sabarís se desenvolverá no verán por segundo ano consecutivo.

A humanización de Sabarís se desenvolverá no verán por segundo ano consecutivo.

Correo-e Imprimir PDF
ethelbaiona

Con esta nova intervención a travesía interior de Sabarís alcanzará os 2:6 millóns de euros de custe. Pese o malestar de comerciantes e veciños polas obras en plena tempada estival, a nova intervención dará comezo a vindeira semana e por 5 meses segundo adiantou a conselleira Ethel Vázquez este martes nunha visita a Baiona.

As obras de humanización da nova fase da travesía interior de Sabarís cubrirán un tramo de 400 metros (rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira) a un custe próximo ao millón de euros. Cifra á deben engadirse 1:26 millóns de euros da etapa I que cubriron 500 metros máis segundo datos achegados por Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia presente nesta xornada en Baiona. As obras, a cargo da empresa Atlántica de Construción e Medio Ambiente S.L., darán comezo a vindeira semana e ten un prazo de execución de 5 meses.

As obras desta nova fase da actuación está enmarcada dentro do Plan Hurbe, que coordina a consellaría de Vázquez. Nomeadamente, a intervención procurará a adecuación da rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira en materia de seguridade peonil e de tráfico.

Obra xustificada nos problemas de salubridade da zona.

Por outra banda, a conselleiro xustificou a necesidade de intervención nesa zona vén dada "porque existen varias deficiencias nas redes de saneamento, pluviais e fecais". Afirma que o proxecto "emendará un problema ambiental e de salubridade publica", á vez que se propón a creación dun espazo de calidade para os veciños de Sabarís. Puntualiza Vázquez que a obra manterá as prazas de aparcadoiro na zona.
O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano. Tamén se procederá a unha reordenación do tráfico rodado e peonil a un só nivel, coa eliminación de barreiras arquitectónicas, creando unha banda de circulación nun só sentido e outra banda funcional, que aloxará todo o paquete de equipamentos urbanos que se consideran precisos. O resto da sección de rúa estrutúrase como unha plataforma peonil na que se incorporan novos elementos de mobiliario urbano, bancos, arboredo, iluminación e xardinaría.