Podemos #Baiona analizará os resultados do 24M e continuará o proceso de validación do círculo.

Imprimir

O vindeiro sábado 6 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar a 4ª Asemblea do Circulo Podemos Baiona nas instalacións da sala "Ángel Bedriñana", no denominado Punto de Encontro (xunto á praza de abastos de Baiona), na rúa Carabela La Pinta.

No mesmo abordarase temas vinculados á validación do círculo, estado da Praza Podemos Baiona e análise dos resultados nas recentes eleccións municipais e autonómicas. Na instancia participarán membros doutros círculos de vilas próximos e integrantes do Consello Cidadán Galego.
A organización convoca a levar alimentos que serán entregados á ONG "Ayuda al Mundo Necesitado" de Baiona.