Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG presenta a súa candidatura ás muncipais de Baiona este domingo en acto público.

O BNG presenta a súa candidatura ás muncipais de Baiona este domingo en acto público.

Correo-e Imprimir PDF

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona realizará un encontro aberto o vindeiro domingo , a partires das doce da mañá no local electoral sito na rúa Caixa de Aforros número 3, no que presentará a súa candidatura para as eleccións municipais de maio.

Iago Pereira, alcaldable pola formación nacionalista salienta que “o BNG representa á Baiona alternativa, a que non é conformista e considera que a Corporación Municipal ten que oir o que pensan os baioneses e baionesas e actuar en consecuencia. Nestes últimos anos o Señor Almuiña e o seu equipo adícanse a tomar decisións que non se tratan nin siquera nos Plenos, non digamos xa cos veciños e veciñas. A consecuencia é un desapego absoluto do pobo hacia as institucións”.

E isto non é máis que un reflexo do total desprecio do Señor Almuiña polas ferramentas de participación democrática. Co fin de silenciar ao BNG ten a totalitaria costume de vetar as propostas do BNG pleno tras pleno, con excusas peregrinas e nin tan siquera tendo a decencia de prantexar en Comisión Informativa a posibilidade de acadar acordos para a súa aprobación conxunta”.

O acto de presentación da candidatura contará coa presencia e intervención de Carme Adán, parlamentaria pola provincia de Pontevedra.