Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona EU procura unha candidatura de converxencia en Baiona e designa a Silvano Montes alcaldable.

EU procura unha candidatura de converxencia en Baiona e designa a Silvano Montes alcaldable.

Correo-e Imprimir PDF
silvano montes baiona

A asemblea local de Esquerda Unida en Baiona, elixiu ao actual coordinador local, Silvano Montes Sánchez, como candidato á alcaldía de Baiona nas próximas eleccións municipais do mes de maio. Tamén se lle encargou establecer contactos con outras forzas políticas, colectivos sociais e persoas independentes, de cara a formar unha candidatura de confluencia no municipio.

Dende EU sinalan que a elección por parte da asemblea de Silvano Montes como alcaldable debeuse "tanto ao coñecemento que ten do Concello de Baiona, como por ser a persoa que coordinou o traballo político realizado por Esquerda Unida en Baiona, nestes dous últimos anos". Engaden que Silvano Montes Sánchez, incorporouse a Esquerda Unida hai 2 anos.

Traballador de Paradores de Turismo en Baiona, desenvolveu unha ampla actividade sindical, chegando a ser Presidente do Comité Intercentros. sendo un dos afectados polo ERE que decretou a devandita empresa. Na actualidade, encóntrase na Universidade de Vigo realizando Graduado Universitario Sénior.