Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os Reis Magos repartirán 1.500 kg de caramelos por Sabarís e Baiona durante a cabalgata.

Os Reis Magos repartirán 1.500 kg de caramelos por Sabarís e Baiona durante a cabalgata.

Correo-e Imprimir PDF
haribo-sin-gluten

A Concellería de Cultura de Baiona avanza que ten todo preparado para recibir as súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Real Vila subidos nas súas magníficas carrozas perfectamente iluminadas. Para esta ocasión o Concello de Baiona contou un ano máis coa participación na confección e diseño das carrozas dos Reis coa empresa "A Festa Escénica" que anuncian, "sorprenderán cós séus deseños inspirados en persoaxes infantís".


Durante toda a Cabalgata, repartiránse máis de 1.500 kilos de caramelos, aptos para celíacos no programa previsto para o día 5 de xaneiro. As carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán ás 17:00h dende a rotonda da Ponte Romana continuando pola avenida de Xulián Valverde, Praza Victoria Cadaval, rúa Porta do Sol, Areas ata a praia de Santa Marta onde uniráse a Comitiva Real.
A continuación a partir das 18 horas novamente partirán dende a Praia de Sta. Marta xunto coa comitiva real que estará composta por 6 módulos, Roldas de Reis, a Banda de Música Municipal e animación infantil que percorrerán a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro, Paseo Elduayen, e rematando na Rúa Carabela Pinta onde as súa Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas de Baiona. En caso de choiva a Cabalgata rematará no Pavillón de Deportes onde ás súas maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas.