Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Nova intervención urxente na Casa do Reloxo de Baiona para salvagardar a súa estrutura.

Nova intervención urxente na Casa do Reloxo de Baiona para salvagardar a súa estrutura.

Correo-e Imprimir PDF
casa-reloxo-baiona

A Tesouraría Xeral da Seguridade Social, propietaria do inmoble, realiza dende este luns e por un período de tres días aproximadamente obras na Casa do Reloxo "como medida preventiva e para salvagardar a seguridade e salubridade do inmoble", segundo informa o Concello de Baiona. As devanditas actuacións foron requiridas polo Concello para levar a cabo "de forma urxente e inmediata", á espera de que realicen un estudo pormenorizado da edificación.


Os traballos, segundo se informou, consisten na colocación de bandexas, formadas de chapas metálicas con dobra, aparafusadas á estrutura, soldadas sobre as vigas verticais existentes e colocadas a 4 m de altura aproximadamente. Ademais retiraranse materiais deteriorados na fachada e cuberta co obxecto de evitar posibles danos materiais e persoais.