Máis de 400 persoas embarcan na travesía reivindicativa do patrimonio do Val Miñor

Imprimir
Actividades de divulgación no propio barco

Máis de 400 persoas, acudiron á "Primeira Travesía en defensa do mar e da terra", que se celebrou o pasado sábado polas aguas da Ría de Baiona e Vigo, organizada pola formación política ANOVA-Baiona.

A participación desbordou todas as expectativas dos convocantes, nunha xornada reivindicativa, festiva e cultural.  As novas ameazas á Serra da Groba, o proxecto do campo de golf de Baredo, a balsa xigante en Mougas, a minería aurífera en Pinzás ou a mina no Galiñeiro, foron algúns dos puntos enfatizados na xornada reinvidicativa.

A viaxe contou con exposicións, charlas e demostracións prácticas para todos os públicos impartidas por arqueólogos e expertos.

Dim lights Embed Embed this video on your site