Estudantes dinamarqueses visitan Baiona nun programa de intercambio co IES 1º de Marzo.

Imprimir
dinamarqueses baiona


Unha vintena de alumnos de bacharelato procedentes de Dinamarca están a compartir unha experiencia de intercambio co alumnado do IES 1º Marzo de Baiona. Os mozos permanecerán na Vila Real ate o vindeiro 14 de abril compartindo diversas actividades curriculares, culturais e de ocio. No primeiro trimestre do próximo curso, os estudantes baioneses que agora fan de anfitrións terán a posibilidade de viaxar a Dinamarca para completar o programa.

Durante a súa estanza teñen programada unha ruta en bicicleta dende o Instituto pola costa até Oia. Tamén farán unha saída polo paseo cara á Foz do Miñor, e outra nocturna aos petróglifos. Outras saídas levaranos a Santiago de Compostela e ás Illas Cíes. O intercambio fíxose posible a través da mediación dun profesor que durante un ano foi axudante lingüístico no instituto 1º Marzo.