Xoves, 14 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Comerciantes do mercado de Sabarís esixen a retirada dos "tropezóns" instalados en Julián Valverde.

Comerciantes do mercado de Sabarís esixen a retirada dos "tropezóns" instalados en Julián Valverde.

Correo-e Imprimir PDF
tropezons-sabaris

A Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos presentou formalmente unha queixa ante o Concello de Baiona pola nova arquitectura que presentará a remodelada Rúa Julián Valverde en Sabarís. Nomeadamente, o colectivo que agrupa boa parte dos comerciantes do histórico mercado sinalan o perigo e molestias que para os viandantes e traballadores representan uns "tropezóns" colocados nas beirarrúas.

 

"Sen querer entrar a valorar a capacidade intelectual de quen aprobou o deseño das obras na rúa Julián Valverde -sinala a misiva-, a Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos, quere expresar a súa preocupación polo nefasto resultado, dado que non é fácil entender que, a reforma dun espazo onde historicamente vense celebrando un mercadillo ambulante, antes incluso de que Cristóbal Colón descubrise as Américas, fosen instalados uns "tropezóns", que ó mesmo tempo que dificulta enormemente o traballo ós comerciantes ambulantes na instalación e posterior recollida dos seus postos ambulantes, tamén serán unha importantísima fonte de accidentes para o público usuario do mercadillo, que camiñando en masa non terá espazo suficiente para poder evita los, debido o seu tan perigoso deseño."

A asociación, a través do seu presidente Jesús Francisco Romero Alvite, esixe ao Concello que unha vez recibida da Xunta a obra, o mesmo "proceda a ordenar a inmediata eliminación de tan perigosa barreira que atenta contra a integridade dos propios veciños e usuarios da zona".