Agreden con arma branca ao director da oficina do Banco Santander en Baiona

Imprimir
Oficina do banco Santander en Baiona

Axentes da Garda Civil buscan a un home que entrou na sucursal do Banco Santander de Baiona portando unha arma branca e  provocou lesións ao director da oficina, que foi trasladado a Povisa.

Segundo informou a Garda Civill, un home entrou na sucursal coa cara tapada e levando unha arma branca na man, coa cal accedería ao despacho do director. Alí o sospeitoso tentou agredir ao encargado da oficina mentres que este defendeuse, o que lle provocou cortes nos brazos. Tras o incidente, o sospeitoso fuxiu do lugar, polo que a Garda Civil iniciou as labores de procura na zona.

O director da sucursal foi trasladado ao hospital vigués Povisa para ser atendido dos cortes nos brazos.