Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O caos do cruce de Sabarís remata en accidente entre un camión e un turismo

O caos do cruce de Sabarís remata en accidente entre un camión e un turismo

Correo-e Imprimir PDF
O camión chocou contra un turismo durante a manobra. Foto: N.L
Peóns circulando polo medio das máquinas
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A falta de ordenación e regulación do tráfico no cruce das rúas Julián Valverde e Jose Pereira Troncoso provocan o caos durante a tarde de onte. Os camións de formigón que transportaban material para as obras, entraban marcha atrás en pleno cruce e finalmente provocaron un sinistro cun turismo.

As medidas de seguridade e a organización da obra non contenta nin a veciños nin comerciantes. Peóns camiñan sen barreiras de seguridade por debaixo de excavadoras e camións e en medio da actividade frenética das obras.

As obras de humanización seguen traendo de cabeza aos veciños de Sabarís. O motivo, non son precisamente as molestias relativas aos ruidos ou a cortes intermitentes de tráfico; o motivo principal do "cabreo veciñal" ven dado pola improvisación e a falta de organización e seguridade da obra. Froito deste caos organizativo, os camións de formigón provocaron onte o caos no cruce das avenidas Jose Pereira Troncoso e a avenida Julián Valverde manobrando marcha atrás e sen nengún operario nin policía local que regulase ditas manobras o que finalmente rematou cun sinistro que non revestiu máis gravidade que os propios danos materiais do vehículo afectado.


Seguridade

Ir a pé dende a farmacia ata Fruitas Vilar ou os Supermercados Froiz xa non é unha "jincana", se non que estes últimos días converteuse nunha actividade de risco. Do risco de meter un pé nas alacantarillas abertas, ou mesmo de ser arrollado por un dos camións volquetes das obras que circulan cara atrás convencidos de que traballán nunha zona acotada só aos operarios da construcción. O motivo é que xa non está delimitada a zona de paso para os peóns e os accesos ás vivendas obrigan a cruzar polo medio e medio das máquinas en plena actividade facendo todo o posible por facerse ver diante dos operarios para que poidan avisar aos maquinistas das retroexcavadoras e camións.

Sinistro no cruce de Sabarís

A falta de regulación do tráfico rodado para permitir a entrada dos camións no cruce de Julián Valverde con Pereira Troncoso provocou onte un embotellamento contínuo neste cruce neural que conflúe o tráfico cara a Gondomar (Borreiros) e cara a Baiona. Os camións de formigón entraban onte marcha atrás en Julián Valverde sen que ningún operario da obra nin ningún policía local da Baiona regulase o tráfico para realizar unha manobra perigosa non permitida polo propio código de circulación. O resultado, un embotellamento en todo o cruce e un parte de sinistro entre un dos camións e un turismo.

Coches e furgonetas seguen aparcados en fila nas zonas marcadas en amarelo e con sinais de proibido estacionar e parar tanto na rúa Julián Valverde como na vía de saída hacia á rotonda do Camping de Ladeira, o que deixa habilitado únicamente un só carril de circulación para ambos sentidos. Un feito que leva sucedendo dende o comezo das obras sen que se poña coto a esta práctica.

E que pasará despois?

Onte no cruce os veciños que miraban con expectación o embotellamendo no cruce e facían as súas quinielas a que esta situación continuaría unha vez rematadas as obras ou incluso empeoraría xa que habería que sumar o tráfico que agora non circula por Julián Valverde. O motivo é que as únicas vías de saída dirección Vigo sería pola estrada cara ao camping dado que Julián Valverde só tería unha única dirección e sentido cara a Baiona. Outros comerciantes temen que sexa peor e que un cambio no sentido da ciruculación en Sabarís como vía de saída cara a Vigo, termine por finiquitar os xa resentidos negocios locais. Só o tempo quitará ou daralles a razón.

Dim lights Embed Embed this video on your site