Os comerciantes de Sabarís volven a sair á rúa para reclamar a volta do mercado

Imprimir
Os comerciantes continúan a súa protesta para reclamar a volta do mercado
Os comerciantes trasladan as súas queixas ao presidente da Xunta - Foto @xosemarcote
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os comerciantes e praceiros de Sabarís non dan o seu brazo a torcer na turra que manteñen co concello de Baiona para reclamar a volta a Sabarís do tradicional mercado.

Os comerciantes manifestáronse onte na nova ubicación do mercado en Ladeira e trasladaron as súas queixas ante o presidente da Xunta, aproveitando a súa visita Sabarís.

As cousas seguen estando confusas en todo o que rodea á situación final que lle agarda ao tradicional mercado de Sabarís. O Concello de Baiona nega a volta do mercado á praza de Victoria Cadaval ante a desesperación de comerciantes e vendedores ambulantes da praza de abastos que seguen acudiando a baixada de ingresos nos seus negocios.

Onte ás 12 do mediodía, o grupo de comerciantes de Sabarís manifestáronse novamente solicitando a volta do mercado á súa ubicación orixinal no centro da parroquia. Cunha pancarta en man, os comerciantes percorreron o tramo dende a praza de abastos ata a nova ubicación do mercado na Ladeira, onde recabaron os apoios de feirantes e transeuntes. A lentitude coa que a empresa Extraco e os seus tres únicos operarios están levando as obras, desespera aos empresarios locais que amosánse sorprendidos de que tiveren que levantar xa tres veces o traballo feito para a colocación da tubería de saneamento central. 

Os comerciantes volven a insitir que a súa postura non é contraria á humanización, pese a que consideran que precisamente o período estivial non e o momento máis axeitado para realizar as obras dada a afluencia de visitantes e turistas ao comercio local. Máis a súa loita agora mesmo se centra no traslado do tradicional mercado de Sabarís, dende a praza de Victorial Cadaval ata A Ladeira.

Os comerciantes consideran que esta estratexia de desprazar o mercado de Sabarís responde só á intención de movelo de xeito definitivo. "O concello non vai a volver a traer o mercado a Sabarís e iso supón a ruina para nós" manifestaban onte preocupados. Segundo sinalan, ainda non conseguiron que o concello se pronuniciase sobre o tema pese ás reiteradas solicitudes de información solicitadas por escrito perante o concello.

Protesta ante o presidente da Xunta.

Os comerciantes aproveitaron a visitan do titular da Xunta ao centro de día do Val Miñor para trasladarlle as súas queixas pola desubicación do mercado. Os comerciantes acudiron ata a entrada do centro e agardaron á saida do presidente flanqueado polo propio alcalde de Baiona e o Presidente de ACEBA. A portavoz dos comerciantes explicou a Núñez Feijoo  a pé de rúa a situación acual e as súas reclamacións.