Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Homenaxe en Baiona no 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove.

Homenaxe en Baiona no 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove.

Correo-e Imprimir PDF
Monumento de Fernando Casás aos nove asasinados en Baredo en 1936.

A Comisión de familiares "Volta dos Nove" e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela xornada de 1936 en Baredo. A homenaxe terá lugar fronte ao monumento ideado polo artista Fernando Casás instalado en 2005 para perpetuar a memoria das vítimas.

Con motivo do 75 aniversario da sublevación militar a Comisión de familiares e o IEM están a preparar unha serie de actividades que se desenvolveran no próximo mes de novembro na vila de Baiona e que se centrarán en divulgar os feitos acaecidos naquela altura en Galicia, no Val Miñor e en Baiona.