Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PSOE Baiona reclama á Xunta gratuidade no custe do chip de identificación para o cabalo ceibe.

O PSOE Baiona reclama á Xunta gratuidade no custe do chip de identificación para o cabalo ceibe.

Correo-e Imprimir PDF
Burras do monte na Serra da Groba (Fotografía Xilberte Manso)

A alcaldable socialista por Baiona Isabel Domínguez manifestou o seu compromiso coa busca dunha solución a prol de obter de parte da Xunta de Galicia, unha exoneración total ao pago dos microchips identificatorios do cabalo ceibe galego. Dominguez afirmou manterse en contacto cos membros da asociación de propietarios de cabalos da Groba, aos efectos de xestionar dende o seu partido as necesidades que xurdan no senso de asegurar o mantemento desta tradición. Agregou que non se pode descoñecer a importancia que o cabalo ten na limpeza do monte, así como o valor turístico e cultural das rapas e curros.

Logo de aclarar de que non está en contra da colocación do microchip, o que sí reclama o PSOE Baiona, é que se xestione por parte da Xunta un trato igualitario aos propietarios de cabalos ceibes, conforme por exemplo aos  de gando vacún, onde o chip é gratuíto. Nese senso, asegurou Domínguez, foi que os socialistas votaron a favor a moción de apoi á realización  curros e rapas na Serra da Grova no derradeiro Pleno de Baiona. Sobre este punto, matizou que a devandita moción non foi iniciativa do alcalde Jesús Almuíña, como se transmitiu aos medios, se non unha iniciativa dos propios gandeiros que foi recibida e apoiada por unanimidade na corporación.

Na devandita sesión plenaria, o Concello de Baiona tamén solicitou á Xunta de Galicia que aplicara as excepcións legais dos métodos de identificación como o libro e transpodedor, previstos no Decreto 26/2008, de 13 de novembro, ou eximir aos gandeiro do pago total o parcial dos microchips. A resolución tamén reclama subvencións para "pechar pasos e baixadas dos cabalos en lugares conflitivos co fin de impedir a saída dos animais fora do monte".