Domingo, 12 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona A Xunta de Galicia asegura que o tratamento das augas en Baiona é conforme á normativa da UE.

A Xunta de Galicia asegura que o tratamento das augas en Baiona é conforme á normativa da UE.

Correo-e Imprimir PDF
nova_depuradora_baiona

A Xunta de Galicia anunciou que xa puxo en marcha todos os mecanismos para resolver a situación da depuración das augas residuais nas cinco localidades nas que ten esta responsabilidade afectadas pola sentenza da Unión Europea (UE). Así, a día de hoxe as localidades de Baiona, Noia, Viveiro e Cariño son conformes á directiva europea, posto que xa teñen en funcionamento as súas respectivas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), asegurou a autoridade autonómica. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) declarou a España culpable do incumprimento da normativa comunitaria de depuración de augas residuais en 38 aglomeracións urbanas, nunha sentenza feita pública o pasado 14 de abril. Entre as poboacións afectadas atopábase o Concello de Baiona, no Val Miñor.

A directiva europea sobre augas residuais urbanas obriga a que as aglomeracións de máis de 15.000 habitantes teñan que dispor de sistemas colectores e someter a un tratamento secundario ou un proceso equivalente as augas residuais urbanas. Así mesmo, os estados membros deben velar para que as augas residuais que entren nos sistemas colectores sexan obxecto, antes de verterse, dun tratamento secundario ou dun proceso equivalente. A obriga responde á aplicación dunha normativa europea de 1991 que establecía como prazo máximo para acondicionar os servizos o ano 2001.

A CE enviou en 2008 a última advertencia a España ó considerar que este país incumpría a normativa, e tras non recibir unha resposta satisfactoria do Ministerio de Medio Ambiente decidiu levar o caso ó tribunal de Luxemburgo. Na súa sentenza do 14 de abril, o Tribunal de Xustiza declara que España incumpriu as normas sobre a recollida das augas residuais urbanas en 38 localidades, municipios e zonas urbanas. Ademais das galegas, figuran outras 29 localidades en todo o Estado como infractoras segundo Europa.

As nove aglomeracións galegas son A Coruña, Cariño, Tui, Vigo, Ribeira, Baiona, Noia, Santiago e Viveiro. Pola Sua banda a Xunta aclara que as instalacións de Vigo, A Coruña, Santiago e Tui “son de Interese Xeral do Estado ou confinanciadas polo Estado, polo que dos seus prazos da conta a Administración Central.” Tamén aclara que a Directiva Marco da Auga, “que é unha normativa moito máis actualizada e ambiciosa que a Directiva de 1991”, é a que está a marcar nestes momentos as actuacións da Xunta de Galicia “para lograr un bo estado ecolóxico das nosas augas en 2015.”