O centro cultural de Baiña impusará a creación de zonas deportivas

Imprimir
O  Centro Cultural e Social de Baiña coa colaboración da Comunidade de Montes da parroquia traballan conxuntamente para recuperar o proxecto de acondicionamento das pistas deportivas que se atopan nas súas proximidades e que suporán un importante incentivo para a xuventude de Baiña. Estas instalacións atópanse en terreos comunais que no seu día foron cedidos para o disfrute dos veciños, pero nestes momentos presentan un estado de abandono e desuso. A Directiva do Centro Cultural púxose en contacto co Concello de Baiona para expor o proxecto de acondicionamento do lugar. Así, e examinado o proxecto, o Concello comprometeuse a investir o necesario para construir unha grada con vestuarios e recuperar a zona deportiva que agora se atopa en desuso. Debido a que xa ten pasado un considerable tempo desde estas conversas e ata o de agora non se ten avanzado na execución do proxecto, membros do Centro Cultural e Social e da Comunidade de Montes voltarán a presentar o proxecto no Concello coa intención de concretar unha data e prazos para a súa execución.