Turismo Rías Baixas, organismo autónomo dependente da Deputación de Pontevedra, leva dende 2005 realizando o mesmo Plan de Calidade Turística cuxa terceira fase rematou o xoves 10 de xullo, coa entrega dos distintivos do SICTED a 81 empresas da provincia de Pontevedra. O Plan de Calidade Turística que Turismo Rías Baixas-Diputación de Pontevedra leva a cabo dende o ano 2005, pasou xa a súa terceira fase, co obxectivo de involucrar ós axentes turísticos da provincia, nun proxecto de mellora, así como impulsar a que as empresas logren obter un distintivo recoñecido en toda España. Con este Plan, Turismo Rías Baixas-Diputación de Pontevedra logrou posicionar á provincia de Pontevedra coma un destino de calidade para o disfrute das vacacións e do tempo de lecer.
Se ben no 2007 foron 79 as empresas distinguidas, na terceira fase, resultaron galardoadas polo seu esforzo en calidade, 81 empresas das 117 inscritas no Plan de Calidade das Rías Baixas. Unha das galardoadas, foi a Oficina Municipal de Turismo de Baiona. Despois de ser realizada a evaluación final e vistos os resultados, a Comisión de Calidade de Turismo Rías Baixas, decidiu conceder á nosa oficina a Renovación do distintivo. O Concelleiro de Turismo de Baiona, Anxo Rodal, foi o encargado de recollelo diploma, de mans do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, durante o acto celebrado no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, o pasado xoves día 10 de xullo.
O Concelleiro de Turismo destacou que participar neste tipo de iniciativas, contribúe a mellorala calidade global do municipio, conseguindo un alto nivel de satisfacción nos turistas que nos visitan.