Turismo de Baiona asiste á Feira de Intur en Valladolid

Imprimir

O Organismo Autónomo Local turismo de Baiona coordinado polo Concelleiro de Turismo, Anxo Rodal, estivo presente durante os días 22 ó 25 de novembro, na undécima edición da Feira de Turismo de Interior (Intur), celebrada en Valladolid. De novo nesta edición, se contou coa presencia de tódalas comunidades autónomas españolas e se aumentou considerablemente a oferta internacional, destacando Portugal que ampliou a súa presencia con respecto á edición anterior. Intur se inaugurou con máis de 1300 expositores, nacionais e internacionais e pechou as súas portas con case 44.000 visitantes.

Turismo de Baiona distribuíu o seu material promocional: planos, guías de servicios, rutas de interese, o folleto de imaxe Tesouro Atlántico e os diferentes folletos facilitados polos empresarios de Baiona. Os visitantes que se achegaron ó noso stand, se interesaron pola nosa historia, gastronomía,..é dicir por tódolos atractivos que a nosa Vila ofrece.

Ademais de se interesar polo noso municipio, o público asistente puido participar no sorteo dunha estancia de fin de semana no Hotel Baía de Baiona, resultando a persoa agraciada, Silvia Martínez Colodrón, natural de Valladolid, quen recibiu o premio con gran satisfacción. O persoal da Concellería deu a degustar a tódolos asistentes, os prostres típicos da Festa da Arribada: Tortas de Sarmiento e Ñoclos de Pinzón, elaborados por Panadería O Bastón e Rosquillas Cristaleiro respectivamente.

O Concelleiro de Turismo confía en que o esforzo realizado ó participar nesta feira, contribúa a ampliala temporada turística, máis alá dos meses de verán.