Baiona participa no V Encontro Gastronómico Vilas Mariñeiras

Imprimir

Os trece representantes do Club de Municipios de Excelencia Turística da España Verde, do que Baiona forma parte, celebraron onte no hotel Ritz de Madrid, o V Encontro Gastronómico Vilas Mariñeiras que este ano cumpre a súa quinta edición.

Nesta ocasión, o pregoeiro encargado de dar paso á degustación das excelencias culinarias deste Encontro, foi o Presidente da Academia Española de Gastronomía: D. Rafael Ansón.

En representación de Baiona, acudiu o Concelleiro de Turismo, Anxo Rodal e invitados tales como o compositor Xulio Mengod, a súa filla, a popular actriz e presentadora Verónica Mengod e o xogador do Real Madrid Michel Salgado.

Ó acto asistiron máis de corenta medios locais e nacionais, os que foron obsequiados con estancias de fin de semana en cada unha das Vilas. Os hoteis de Baiona que acollerán ós medios de comunicación agraciados son: o Parador Nacional Conde de Gondomar, o hotel Baía de Baiona e o Pazo Mendoza.

Os asistentes ó acto puideron degustar un exquisito menú, elaborado nesta ocasión por cociñeiros de Xixón, Santoña e Ortigueira, representando ás tres comunidades integrantes do Club.

Nesta edición se contou tamén cun espacio onde o persoal especializado dunha conserveira, mostrou ós asistentes todo o proceso de preparación da apreciada anchoa cántabra, para a súa posterior degustación. Por Asturias, profesionais da sidra, escanciaron litros da mesma que deron a degustar ó público asistente e por Galicia se puideren degustar exquisitos camaróns.

Ademais de degustalos productos típicos das Vilas Mariñeiras, numerosos rostros coñecidos, acudiron ó Hotel Ritz, para coñecer de primeira man a atractiva alternativa turística que representan os municipios de Baiona, Cudillero, Xixón, Laredo, Llanes, Ortigueira, Ribadeo, Ribadesella, Sada, San Vicente de la Barquera, Santoña, Sanxenxo e Viveiro. Se lles obsequiou tamén co novo material promocional e se lles deu a coñecer a posta en funcionamento da páxina web: www.villasmarineras.es

O Encontro Gastronómico “Vilas Mariñeiras”, constitúe xa un referente no calendario gastronómico nacional, sendo un dos principais escaparates da cociña do norte de España.