O lixo segue acumulado na vivenda queimada o venres en Baiona

Imprimir
Lixo vivenda Sabarís
Os veciños da vivenda incendiada o venres en Sabarís, queixánse de que o concello non limpou ainda os restos do sisnitro. A situación agrávase pola cantidade de lixo acumulada polo home no interior do seu piso. O home de 70 anos son síndrome de Dióxenes, continúa ingresado na uci en Povisa con queimaduras no 40% do seu corpo.
Ver video TVG

Lixo, malos cheiros e mesmo ratas. Este é o panorama que teñen que soportar os veciños dun edificio de sabarís onde o venres pasado se incendiou unha das vivendas. Os veciños aseguran que xa case non poden permanecer nas súas casas, e reclaman que as autoridades locais se faga cargo da limpeza do inmoble. Segundo lles informou a garda civil, o concello xa ten permiso para entrar na vivenda pero senten que ninguén lles fai caso.